Mónada - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Mónada
- 1.Termo procedente do grego "monás", que significa único, unidade. Os pitagóricos usárono xa na antigüidade para referirse ao principio do que proceden tódolos números: a primeira unidade. Platón, pola súa banda, considera as Ideas como mónadas, en canto unidades intelixibeis, que actúan como causas exemplares produtoras das cousas.
2. O termo, non obstante, quedou asociado á filosofía de Leibniz, no contexto da superación do dualismo psico_físico cartesiano e da explicación do dinamismo da realidade. A mónada é, para Leibniz, a unidade indivisíbel e inextensa, unha substancia simple, unha especie de átomo inextenso, o que implica a súa inmaterialidade. Ao mesmo tempo é concibida como o principio activo do movemento, polo que será asimilada a unha especie de "forza espiritual".